O Concello de Boqueixón convoca un novo curso de Mente Activa, que terá lugar en Lestedo todos os venres, de 11:30 a 13:00 h. Trátase de actividades para traballar a memoria e a atención, axudando a atrasar o deterioro cognitivo. Podes descargar a ficha de inscrición pulsando aquí.
Os cursos de informática e móbil terán lugar os martes no Forte (sen coñecementos de 16:00 a 17:30 h. e con coñecementos previos de 17:45 a 19:15 h.) e os venres en Lestedo (con coñecementos previos, de 10:00 a 11:30 h.). É imprescindible ter ordenador portátil. Descarga a ficha de inscrición premendo aquí.
En ambos os dous casos, o prezo é de 15 €/mes e os cursos terán lugar de outubro de 2025 a xuño de 2026.
Máis información: no Departamento de Cultura (981 513 115).
Inscricións: no Rexistro Municipal ou na Sede Electrónica antes do 23 de setembro.
Adxuntos
- Ficha inscrición maiores activos (179 kB)
- Cartel Mente Activa (530 kB)
- Cartel Novas Tecnoloxias (281 kB)