A Deputación da Coruña, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, vén de lanzar o programa Mercanavila, unha iniciativa que busca dinamizar o pequeno comercio local e promover as compras de proximidade a través de bonos desconto. Así, estarán dispoñibles 6 millóns de euros en descontos de 100 euros.
Poden adherirse ao programa establecementos comerciais, ata as 9:00 horas do próximo 20 de outubro. Consulta as dúbidas máis habituais.
Pola súa banda, os clientes (sempre maiores de 18 anos) poderán o seu bono cun prazo de descarga desde o 20 de outubro, ás 09:00 horas, ata o 20 de novembro de 2025. Cada bono desconto terá un valor de ata 100 euros para compras realizadas nos comercios adheridos. Consulta as dúbidas máis frecuentes.
Os descontos dependerán do importe da compra:
- 20–30 € → 5 €
- 30–50 € → 10 €
- 50 € ou máis → 15 €
As bases que regulan o funcionamento deste programa de descontos están publicadas no BOP e na web: https://mercanavila.gal/
Calquera establecemento ou clientela beneficiaria dos descontos que precisen máis información ou asistencia para poder rexistrar a súa solicitude, poden achegarse ao Departamento de Emprego, Formación e Turismo do Concello de Boqueixón ou chamar ao teléfono 981 513 061.