BOLSAS LEONARDO PROXECTO EXEO

A Universidade da Coruña en colaboración co Organismo Autónomo de

Programas Educativos Europeos e o Programa de Aprendizaxe

Permanente “Leonardo da Vinci”.

Convócanse 50 estadías para prácticas en empresas para titulados recentes da Universidade de Coruña.

CONTEXTO: prácticas profesionais en empresas de Italia, Irlanda, Alemania, Polonia e República Checa, dunha duración de 13 semanas cada unha.

REQUISITOS:
–    Ser titulado/a da UDC.
–    Ter como máximo 30 anos no momento do aproveitamento da bolsa.
–    Ter coñecementos intermedios do idioma inglés e/ou do idioma do país seleccionado.
–    Non ser beneficiario anteriormente dunha bolsa Leonardo da Vinci.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: finaliza o 08/11/2012.

OBXECTIVOS:

–    Fomentar unha aprendizaxe de calidade e adquisición por parte dos participantes das competencias prácticas e teóricas nos sectores máis axustados aos seus perfís.
–    Mellorar os sistemas de acceso ás oportunidades de prácticas en Europa.
–    Dar a oportunidade de gozar das vantaxes do intercambio cultural e social e da mobilidade no mercado do traballo europeo.
–    etc

CONTIDO DA BOLSA:

–    O participante terá cuberto o seu aloxamento durante a estadía.
–    Obterá unha axuda económica para contribuir ós gastos de viaxe e manutención.
–    Unha axuda económica de 300€ para cubrir os gastos do curso de preparación cultural/lingüística en destino.

Para máis información:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025