Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Escudo do Concello de Boqueixón

Hortas de Boqueixón

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Hortas de Boqueixón

A horta de Boqueixón, o seu grelo e a tradición de levalo á mesa.

Coñece o noso grelo
Cesta con hortalizas na portada do folleto Hortas de Boqueixón

Unha terra de horta

Boqueixón, situado a 8 km de Santiago de Compostela, goza dun clima idóneo para a produción de horta: oceánico húmido, con invernos suaves e veráns non extremadamente cálidos, cunha temperatura media que oscila entre os 12 °C e 13 °C e as precipitacións anuais que superan facilmente os 1.700 mililitros, repartidas ó longo do ano, é dicir, sen ningún mes seco.

Boqueixón conta con 70 km² de territorio dos cales, 18,49 km² aproximadamente é terreo agropecuario.

A produción é moi variada, contando con produtores de venda directa e produtores de venda a maioristas de: grelo, xudía, repolo, brécol, leitugas, pemento pequeno e morrón, tomate, etc.

A calidade destas hortas son recoñecidas e valoradas no mercado, como así se pode constatar pola demanda que teñen os nosos produtos.

de Santiago de Compostela
8 km
de territorio municipal
70 km²
de terreo agropecuario
18,49 km²
Mollos de grelos recollidos, fotografados no folleto municipal
O produto estrela da horta de Boqueixón.

O grelo de Boqueixón

Destacando sobre o resto, o produto estrela da horta de Boqueixón é o grelo.

O grelo é un produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida “Grelos de Galicia”.

O grelo de Boqueixón é da variedade “Grelos de Santiago”, a semilla empregada en Boqueixón procede deste ecotipo que se corresponde coa variedade comercial autorizada “Grelos de Santiago”. Dita denominación fai referencia ás follas e talos recollidos ó longo do período vexetativo da planta, tamén coñecido comunmente como nabizas.

O grelo presenta unha cor intensa, máis acentuada a medida que a planta se aproxima ó momento da floración, o sabor lixeiramente ácido combinado con certo amargor, textura lixeiramente fibrosa e unha baixa dureza. Como característica única do grelo de Boqueixón, destacar que ten a folla ancha dende o talo. Un factor importante a ter en conta é que a climatoloxía da zona do Ulla fai que a produción sexa diferente.

A produción en Boqueixón pode chegar a acadar por temporada as 60 toneladas.

A colleita

Manual, en horas frescas e cun manexo moi coidadoso das follas.

Os terreos máis adecuados para este cultivo soen ser sobre terras traballadas, fértiles con materia orgánica. Requírense terreos de consistencia media, profundos e soltos, con humidade.

O cultivo realízase de forma intensa entrando en rotación, permitíndose dúas sembras na mesma parcela ó longo do ano.

A colleita é manual, preferiblemente en horas frescas. Requírese dun manexo moi coidadoso para prever danos nas follas. Ás 6 ou 8 semanas pódese realizar un primeiro aproveitamento. A partir dos 2 meses aprovéitanse os talos florais, xusto antes de que se produza a floración.

Cando o que se pretende é recoller unha boa colleita de grelos é preferible non facer aproveitamento previo de nabizas. Unha vez recollidos haberá un rebrote que se pode alongar ata o mes de marzo ou abril. Os expertos afirman que o mellor grelo é o segundo que se recolle.

Cociña e saúde

Os grelos resultan imprescindibles na cociña tradicional galega e nas novas ofertas culinarias. Pratos con grelos da gastronomía galega: cocido, lacón con grelos, caldo, pote galego…

Ler o texto nutricional do folleto

É unha suculenta hortaliza con beneficiosas propiedades para a nosa saúde. O seu alto valor nutricional e o seu baixo contido calórico fainos recomendables en calquera dieta. Son ricos en calcio, fundamental para os ósos; vitamina C, que nos protexe de infeccións e ten propiedades antioxidantes; e ácido fólico, que preserva o noso sistema inmunolóxico. Ademais, contén glucosicanolatos, un recoñecido composto anticanceríxeno.

Prato de cocido con grelos, patacas e carne, na fotografía do folleto
Os grelos na cociña tradicional galega.

Onde se cultivan

O mapa do folleto sinala as ubicacións dos produtores de grelo de venda directa. Destaca a zona norte por maior tonelaxe de produción de grelo.

Ver o mapa no folleto
Mapa de Boqueixón cos produtores de grelo de venda directa sinalados no folleto
Mapa do folleto orixinal. Abre a lámina para amplialo.