O V Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes (PIOM) guía o traballo do Concello pola igualdade entre 2023 e 2026.
É o instrumento de planificación do Concello para seguir eliminando os obstáculos que impiden que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva en todos os ámbitos.
Organízase en 6 áreas estratéxicas, con 6 obxectivos estratéxicos, 13 obxectivos operativos e 57 medidas.
Descargar o plan PDF · 86 páxinas · 1,3 MB
Substitúe ao IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (2018–2022).

Información e asesoramento xurídico e psicolóxico, gratuíto e confidencial. De luns a venres, de 8:00 a 15:00 h.
Máis sobre o CIMO 016 atende as 24 horas, é gratuíto e non deixa rastro na factura. Nunha emerxencia, chama ao 112.
Chamar ao 016