Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Numeración dixital

O rueiro dixital do concello: atopa o número da túa casa nos planos ou no mapa.

Escribe o nome e abre a folla do plano onde aparece a túa casa co seu número.

Outras formas de consultala

Mapa interactivo

Todos os números do concello nun mapa que podes ampliar.

Abrir o mapa

Sobre o proxecto

O concello de Boqueixón, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader): Europa inviste no rural e o Programa de Desenvolvemento rural de Galicia 2014- 2020, medida Leader Galicia, xunto co GDR Terras de Compostela, están a desarrollar o proxecto “Numeración Dixital municipal global de Boqueixón”.

Este proxecto supón a transformación dixital da numeración do concello de Boqueixón. A creación dun rueiro dixital sobre unha plataforma tecnolóxica e xeo-referenciada é de vital importancia para a evolución e a comodidade da cidadanía.

O concello de Boqueixón pretende alcanzar, a través deste cambio, maior eficiencia, mellor comunicación coa veciñanza e seguir a tendencia do “#cero papel”, respectando o medio ambiente.

A xeo-referenciación dixital é capital e a numeración dos inmobles abastece as bases de datos máis importantes para a xestión do territorio municipal.

Numeración dixital do Concello de Boqueixón. Cofinanciado polo FEADER, Ministerio de Agricultura, Xunta de Galicia, Agader e Terras de Compostela.