Escudo do Concello de Boqueixón

INFORMACIÓN PEREGRINOS​

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Vía da Prata e camiño de inverno

HISTORIA

Camiño da Vía da Prata é unha prolongación da calzada romana que unía Emérita Augusta (Mérida) con Astúrica Augusta (Astorga).

A vía trazouse a comenzos do cristianismo aproveitando os camiños máis antigos. Entra en Galicia por A Mezquita, e ven sendo o camiño xacobeo de maior percorrido.

O termo «vía da prata» procede da palabra árabe «Bal’hatla» palabra coa que os musulmáns designan aquela ampla vía pública empedrada e de sólido trazado pola que se encamiñan ó Norte Cristián. Pero este vial sí se chegou a empregar para o comercio da prata americana chegada dos peiraos de Sevilla. Por esta ruta avanzou Almanzor ca súa infantería contra Santiago no 997.

Séculos máis tarde é o ca iño que fixeron as campás da catedral que se levaron durante a reconquista.

A Vía da Prata e o Camiño de Inverno conflúen en Lalín, Bendoiro. Este Camiño de Inverno é a entrada a Galicia dende a Meseta, é a alternativa á dura subida ós cumios nevados do Cebreiro.

A súa orixe remóntase á época romana partindo das explotacións de ouro das Médulas. Por aquí tamén entraron as tropas de Napoleón e coincide co trazado do ferrocarril que comunica co resto da Península.

HISTORIA

DATOS TÉCNICOS:

Tramo do Camiño por Boqueixón: 5.500 m.

Tramo do Camiño por Santiago: 9.200 m.

Tramo de Boqueixón á Catedral de Santiago de Compostela: 14.700 m.

Visitas turísticas e pernocta no Pavillón Polideportivo

Visitas turísticas

No tramo da Vía da Prata e do Camiño de Inverno ó seu paso por Boqueixón, poden realizar, mediante reserva previa, as seguintes visitas turísticas guiadas gratuítas:

PICO SACRO (Lestedo):

tamén denominado «Miradoiro de Compostela» posto que é o primeiro lugar desde onde se poden divisar as torres da Catedral compostelá. É un dos picos máis emblemáticos e coñecidos de Galicia. Patrimonio natural, histórico e cultural sobre o que se relatan innumerables lendas e en especial a da Raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo (lenda recollida no Códice Calixtino).

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PICO SACRO (Lestedo):

A escasos metros do pavillón e da Vía da Prata sitúase o Centro de Interpretación do Pico Sacro. Nel recóllense todos os datos dos que dispoñem os sobre a orixe, formación, lendas, importancia cultural, referencias escritas, etc, do Pico Sacro. Conta con dúas exposicións: «Nos dominios da Raíña Lupa» e «O Pico Sacro no Códice Calixtino».

CONTACTO PARA RESERVAR :

Tlf.: 981 513 061 (Dpto. Formación, Emprego e Turismo)

Mail: boqueixonturismo@gmail.com

Onde durmir

En Boqueixón hai a posibilidade de pernoita no Pavillón Polideportivo de Lestedo, no que se permite aloxarse a grupos de peregrinos mediante reserva previa.

Condicións da reserva no pavillón:

  •  Grupos cun mínimo de 10 persoas.
  •  Formalizar a solicitude de reserva de instalacións (impreso oficial na sede electrónica en www.boqueixon.gal ).
  •  Custo de 3€/ persoa/ noite (ordenanza reguladora municipal).
  •  As instalacións do pavillón contan con aparcadoiro, auga quente, duchas, vestiarios, luz, toma de auga exterior e proximidade cos servizos (bares, restaurantes, farmacias, etc) que ofrece Lestedo.

CONTACTO PARA TRAMITAR:

Tlf.: 981 513 061 (Dpto. Formación, Emprego e Turismo)

Mail: boqueixonturismo@gmail.com

Teléfonos de urxencias

EMERXENCIAS MÉDICAS: 061

EMERXENCIAS: 112

GARDA CIVIL LESTEDO:  981 50 30 51

PROTECCIÓN CIVIL BOQUEIXÓN: 616 440 465

CENTRO SAÚDE FORTE:  981 513 010

CENTRO SAÚDE LESTEDO: 981 50 22 97

AVISOS INCENDIOS FORESTAIS: 085

CONCELLO DE BOQUEIXÓN:  981 513 061

DESCARGA DOS FOLLETOS TURÍSTICOS EN VARIOS IDIOMAS

GALEGO

ENGLISH

CASTELLANO