Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios 2012/13

AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS UNIVERSITARIOS, NO CURSO ACADÉMICO 2012/13, NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA, QUE POR CAUSA SOBREVIDA OU IMPREVISTA TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR ESTUDOS

 

ORDE do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. Núm. 46, 6 de marzo de 2013)

 

Obxecto e beneficiarios

Obxecto é regular o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o/a seu/súa proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2012/13.

c) Estar matriculado, no curso académico 2012/13, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir, 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

 Contía da axuda

Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante, terase en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:

Limiares de renda                                 Contía da axuda

Ata 3.500 €                                                  2.500 €

De 3.501 € a 4.000 €                                    2.000 €

De 4.001 € a 4500 €                                     1.500 €

De 4.501 € a 5.108,60 €                               1.250 €

Documentación que hai que presentar

 

A solicitude (anexo I, modelo normalizado ED433A) e a declaración responsable (anexo II) presentaranse xunto coa seguinte documentación dixitalizada:

a) Xustificación da causa sobrevida ou imprevista en que fundamenta a petición da axuda..

b) Informe do/da traballador/a social do concello en que estea empadroado/a o/a solicitante que recolla a causa sobrevida ou imprevista, así como a situación socioeconómica da unidade familiar, anterior e posterior á causa que motive a necesidade urxente de recursos económicos.

c) Declaración responsable (anexo III)

d) Certificación académica ou extracto do expediente académico, en que consten as materias e os créditos en que está matriculado no curso académico 2012/13.

No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, para a presentación dixitalizada da dita documentación, admitirase igualmente a presentación desta en formato papel, presentándoa xunto aos anexos I e II asinados, nos mesmos termos establecidos no punto 7 do artigo.

Forma e prazo de presentación de solicitudes

 

A presentación de solicitudes poderá realizarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2013.

Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que acontecese a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.

Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Os formularios da solicitude, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia
http://sede.xunta.es para a súa tramitación electrónica completa.

Para a presentación na sede electrónica do dito formulario e da declaración responsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal.

No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, admítese igualmente a presentación da solicitude e da declaración responsable en formato papel tal e como establece a orde de convocatoria.

Para máis información no seguinte enlace:

 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130306/AnuncioG0164-260213-0002_gl.html

cell phone spy

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025