A Rede Eusumo fomenta o cooperativismo a través dos obradoiros «emprender baixo a fórmula cooperativa»

 A Rede Eusumo continúa apostando polo autoemprego cooperativo e organiza os obradoiros titulados “Emprender Baixo a Fórmula cooperativa”. Estas actividades están integradas no plan de actuación da rede para este ano 2014.

Estes obradoiros realizaranse os días 24 e 29 de setembro en Vigo e Santiago de Compostela respectivamente. A través dos mesmos preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Con estes obradoiros búscase achegar o modelo empresarial cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

Os obradoiros “Emprender baixo a fórmula cooperativa” enmárcanse no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Con estes obradoiros preténdese mostrar outra forma de autoemprego amosando as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Entre os obxectivos que persegue este obradoiro destacan:

• Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
• Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
• Achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas.
• Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.
• Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

Estes obradoiros, dirixidos a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizaranse o días 24 na Cámara de Comercio de Vigo e o día 29 de setembro no edificio Cersia en Santiago de Compostela. Ambos obradoiros celebraranse en horario de mañá de 10:00 h. a 14:00 h., e serán impartidos de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos participantes.

Inscrición:

O obradoiro ten carácter gratuíto.

Prazo de inscrición: ata o 23 de setembro de 2014 (Vigo) e 28 de setembro de 2014 (Santiago de Compostela).

Entregarase diploma de asistencia.

Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao ao telefono 981 55 80 08 ou en info@eusumo.coop

Para máis información:

Tlf: 981 55 80 08

info@eusumo.coop

www.eusumo.coop

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025