BASES CONCURSO PERIODISTA ESCOLAR

ProbaCartel1O proxecto “INTERXERA” xurde co obxectivo de recuperar a tradición oral do noso concello a través da recollida de historias contadas polos nosos avós e avoas.

 ·    PARTICIPANTES
o    Nenos e nenas de Primaria (5º e 6º) e Ensinanza Secundaria (1º a 4º da ESO).

o    Os equipos formaranse por un mínimo de 3 participantes e un máximo de 5.

·    DINÁMICA DO CONCURSO
 o    O concurso consistirá nun traballo de campo previo de recollida de vivencias, anécdotas, historias da xente maior de 60 anos do Concello de Boqueixón.

o    Toda a labor de campo será filmada, fotografada, e redactada para posterior edición dun dossier de cada equipo, labor na que serán axudados polos  titores do proxecto.

o    O premio será adxudicado á mellor historia, á máis orixinal, e á mellor documentación fotográfica e en video das mesmas.

·    INSCRICIÓN
1.    Prazo: Data límite o 19 de decembro.
2.    Onde inscribirse: No Concello de Boqueixón, no mail cultura@lab.mcapps.es,  ou no teléfono 981 513 115
3.    Inscrición: Nome do equipo e integrantes. Importante deixar un teléfono de contacto.

 
·    VALORACIÓN

O premio adxudicarase por votación dun xurado popular, con coñecementos sobre xornalismo, no cal estará un membro de cada equipo participante. Éste non poderá votar ao seu equipo, tendo que valorar o traballo dos seus compañeiros.
 
·    PREMIO
Consistirá nunha xornada dun día para o grupo gañador con Actividades de Multiaventura: Piragüísmo, Paintball, Tiro con arco, BTT (bicicleta todo terreo), Raid Aventura…

[attachments docid=»5045″]

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025