NEIRA VILAS RECIBE A MEDALLA DE GALICIA 2015

O Concello de Boqueixón congratúlase pola recente aprobación, polo Consello da Xunta, da concesión da Medalla de Galicia 2015 á figura do escritor Xosé Neira Vilas, fillo adoptivo deste concello e ilustre persoeiro do mundo das letras e da cultura de Galicia.

Neira Vilas 1Emigrado desde moi novo a Arxentina e Cuba, as súas vivenzas infantís nas aldeas de Gres e Ponte Ledesma son a base material da súa obra, que deu a volta ao mundo enteiro.

O acto de entrega desta medalla terá lugar o venres, día 24 de xullo, víspera do Día de Galicia, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025