INTERCAMBIO XUVENIL en CERDEÑA

Erasmus_plus

Si tes entre 18 e 30 anos e estás empadroado no Concello de Boqueixón, esta é a túa oportunidade de poder gozar xunto con outros moz@s dunha experiencia de educación non formal na Comune de Seulo (Cerdeña – Italia).

Desenvolverase na primeira quincena do mes de novembro, e terá unha duración de 7 días (2 de viaxe + 5 de estancia).

A temática do intercambio, que está encadrado dentro do programa ERASMUS+, xirará entorno ao EMPRENDEMENTO XUVENIL NO RURAL.

Si estás interesado en participar, tes ata o mércores 23 de setembro para poñerte en contacto con nós a través de mensaxe privado no Facebook de xuventude Boqueixón ou chamando ao 981513061 e preguntando por Lucía.

A que esperas para anotarte!!!

 

 Organiza: GDR Terras de Compostela

Colabora: Concello de Boqueixón

Criterios de selección[attachments docid=»6444″]

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025