XORNADA GRATUITA “EMPRENDER BAIXO A FÓRMULA COOPERATIVA” NO CONCELLO DE BOQUEIXÓN E ORGANIZADA POR REDE EUSUMO PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO.

Trátase dunha xornada destinada a amosar as particularidades e características vantaxes deste modelo empresarial “Cooperativa”. Os asistentes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre cooperativismo e así valorala posibilidade de levar a cabo o seu propio proxecto cooperativo:
• Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
• Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
• Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.
Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 04 de decembro de 2015 na Casa da Cultura de Camporrapado en Boqueixón, e celebrarase en horario de mañá de 12:30 a 15:30h.
Inscrición:
A Xornada ten carácter gratuíto.
Prazo de inscrición: ata o 03 de decembro do 2015
Pódeste inscribir chamando ao teléfono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezo info@eusumo.coop, tamén poderaste inscribirte no Concello de Boqueixón 981513061

Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
www.eusumo.coop
info@eusumo.coop

Concello de Boqueixón 981513061

Faga clic para visualizar o Díptico Boqueixón 04 decembro

 

cartel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025