Estrea da curtametraxe «Xigante de pedra»

cartel Curta metraxe

Mañá sábado 16 de xaneiro ás 17:00h. terá lugar no Centro de Interpretación do Pico Sacro (Lestedo) a estrea da curtametraxe “Xigante de pedra”.

 

“Xigante de pedra” é unha ficción creada e realizada por un grupo de rapazas de Boqueixón na actividade extraescolar “Micromovie Xuvenil” e xira en torno á posta en valor do Pico Sacro, a súa maxia e o seu encanto, dende unha ollada xuvenil.

 

No acto intervirá o profesor e escritor Xosé Manuel Lobato e contaremos co acompañamento musical de Sofía Silva e o grupo tradicional Estralampo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025