Festividade do San Vicente

Mañá venres 22 de xaneiro a casa consistorial e as instalacións municipais permanecerán pechadas pola celebración da festividade do San Vicente, patrón do concello, agás o ximnasio que abrirá as súas portas en horario habitual de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

Co gallo desta celebración desenvolveranse na casa consistorial o seguinte programa de actos:

12:00h. Recepción oficial e concerto da Banda de Música de Negreira

12:30h. Petiscos variados

13:00h. Misa solemne na Igrexa parroquial

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025