Aberto o prazo de inscrición para as actividades lúdico-educativas de Semana Santa

semana activa

 

O Concello de Boqueixón ten organizado para as vacacións de Semana Santa, un programa lúdico- educativo para a conciliación da vida laboral e familiar durante este periodo non lectivo, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Desenvolverase os días 21,22,23 e 28 de marzo en horario de 10:00h a 13:30h. nas instalacións do Forte.

O custo será de 10€ e fará falta un mímino de 10 participantes para que a actividade se leve a cabo.

As inscricións realizaranse no Departamento de Educación e Cultura do concello ou ben chamando ao 981513115 ata o día 17 de marzo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025