Talento de Boqueixón na Maker Faire Galicia

maker-faireFai uns días, celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago, a Maker Faire Galicia, entendida como a maior feira de inventores do mundo e coma un escaparate para a creatividade e o inxenio pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbano, música, electrónica, artesanía, etc.

Un lugar onde compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

Entre os expositores que exhibian as súas creacións, tres mozos de Boqueixón, achegaron ao público asistente os seus deseños e invencións.

img-20161004-wa0010

Diego e David Vidal Míguez, 19 anos, veciños de Loureda e estudantes do ciclo superior de escultura na ESAD Mestre Mateo e de Inxeniería Industrial respectivamente, presentaron na feira o seu talento artístico a través de 5 debuxos, 2 esculturas e 2 ilusións ópticas.

img-20161004-wa0009

De entre os seus traballos, destacou unha das esculturas feitas en papel flexible, técnica que consiste no pegado de folios un a un seguindo un patrón e no tallado a man da figura a representar.

O seu talento, levounos a acadar o 3º premio do voto do público e 3 mencións de honra por parte da organización.

img-20161011-wa0003

Sergio González Taboada, 32 anos, veciño de Camporrapado, traballa como integrador de sistemas audiovisuais, presentou na Maker Faire Galicia a través da Asociación Recuncho Maker de Santiago de Compostela, un sistema de axuda á condución en entornos de baixa visibilidade a través da colocación de balizas con iluminación led na periferia da estrada mediante as cales se mostra de forma dinámica a distancia mínima de seguridade entre vehículos e se xeneran alertas de maneira inmediata no caso de detectar dificualtades na circulación do tráfico por mor de incidencias ou accidentes.

Este proxecto tivo gran acollida entre os asistentes ao evento e levouno a acadar 2 mencións de honra por parte da organización e o 3º premio do voto do público.

14463202_1776025859343762_1824079485899451214_n

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025