Bo Queixo recibe a distinción de ouro 2016 na denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa

bo-queixo-mencion-ouro-2016A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidíu este mércores en Touro a entrega de premios da XIX Cata dos Queixos e XV Cata dos Meles de Galicia, onde celebrou o incremento da produción destes produtos amparados por selos de calidade e felicitou aos presentes pola calidade destes alimentos.

Nesta XIX edición da Cata dos Queixos participaron un total de 66 mostras, respectivamente. No tocante aos queixos, 27 correspondían á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa (18 de queixo fresco e 9 de queixo curado), outras 24 á DOP Queixo Tetilla, 10 á DOP San Simón da Costa e 5 á DOP Cebreiro.

Na Denominación de  Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, a distinción de ouro 2016 recaeu en Bo Queixo, elaborado por José Castro Tejo, en Boqueixón.

Esta distinción, ven a recoñecer unha longa traxectoria de traballo e bo facer, a constatar a calidade e o prestixio acadado por esta empresa. Mostra disto é  que repiten galardón, posto en 2015 Bo- Queixo recibíu a distinción de ouro na denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa e a distinción de prata na denominación de orixe protexida Quexo de Tetilla.

Bo- Queixo, unha empresa familiar ubicada en Orto (Boqueixón) que ten unha produción media de 25.000 kg. anuais. Para a elaboración dos seus queixos utilizan leite de vaca enteira e pasteurizada procedente das razas autorizadas por ambas denominaciópns de orixen protexidas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025