Entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Vedra – Boqueixón

A Estación de Renfe de Santa Cruz de Rivadulla no municipio de Vedra, acolleu no día de onte, a entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Vedra – Boqueixón.

Neste acto estiveron presentes o Delegado Territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro Tato,  o alcalde de Vedra, Carlos Martínez e Manuel Fernández Munín, rexidor de Boqueixón.

Este obradoiro ofreceu un posto de traballo e formación a un total de 20 desempregados procedentes destes dous municipios.

FB_IMG_1488358485900

O alumnado recibiu formación nas especialidades de traballos de carpintería e moble e operacións auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, materias nas que recibirán un certificado de profesionalidade.

A Xunta investiu preto de 180.000€ para que este obradoiro fose posible.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025