Visita as obras de acceso ao Campo do Río

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto coa concelleira, Ana Seijo e o  alcalde Boqueixón, Manolo Fernández ,  visitaron o Campo do Río en Ponte Ledesma,   para coñecer de primeira man as actuacións realizadas na zona para a recuperación e acondicionamento do acceso .Visita obras campo do río 26 10 2017

Os traballos consistiron na roza e limpeza de bordes e marxes, a reposición do firme con pavimento de lastro cunha banda central de pavimento de granito abuxardado de forma a conseguir un acabado harmónico coa paisaxe.

A actuación contou cun orzamento de case 20.000 euros.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025