Ximnasia para maiores

Nos centros socioculturais de Sergude, Lestedo, Ponteledesma , Lamas e no Ximnasio MFOTO XIMNASIA2017(2)unicipal estanse a impartir sesións de ximnasia adaptada as necesidades dos nosos maiores.

Unha iniciativa que ano tras ano esta a ter moita aceptación dentro da oferta deportiva.

Os obxectivos básicos son a mellora da calidade de vida dos participantes e a loita contra o sedentarismo .

Así no desenvolvemento desta  actividade incídese en exercicios de mellora da mobilidade articular, do equilibrio e da coordinación motora mediante xogos de baixa intensidade.

A saúde  física e mental da terceira idade é  algo básico e acádase unha gran  mellora grazas ós exercicios propostos e a diversas actividades e  xogos con balóns,aros,etc..

Todas aquelas actividades que fan traballar o cerebro e que ademais, debido ó seu carácter lúdico, son  moi ben recibidas polos participantes.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025