Información sobre o proceso de selección de 2 peóns condutor de motobomba para o Concello de Boqueixón

A comisión seleccionadora informa que no proceso selectivo para a provisión de 2 peóns forestais condutor de motobomba realizada o 6 de xullo entre os candidatos remitidos pola Oficina de Emprego de Santiago Norte quedaron desertas as dúas prazas convocadas.

Por tanto, o alcalde procede a solicitar á Oficina de Emprego de Santiago Norte novos/as candidatos/as para cubrir as devanditas prazas.

Pódese consultar o aviso premendo neste enlace ou no arquivo adxunto.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025