Nova tempada do Programa de Turismo Social do IMSERSO

O Concello de Boqueixón informa sobre a tempada 2018/2019 do Programa de Turismo Social do IMSERSO para persoas maiores.

Nas vindeiras datas comezarán a chegar ás persoas que poden ser usuarias deste programa as acreditacións para formalizar a súa reserva e comprar as viaxes.

Para poder xestionar a reserva, haberá que acudir no día que sinale a acreditación a calquera axencia de viaxes que teña concerto co IMSERSO.

Quen precise máis información ou aclaracións, pode dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boqueixón ou chamar ao 981 51 31 06.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025