Becas MEC 2018-2019

ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

As becas xerais para estudos non universitarios  diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas
  • Ensinanzas Artísticas superiores
  • Estudos relixiosos superiores
  • Estudos militares superiores
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 1 de outubro

 

ESTUDOS UNIVERSITARIOS

As becas xerais  para estudos universitarios diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
  • Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
  • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Complementos de formación para acceso u obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para continuar estudos oficiais de licenciatura.

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 15 de outubro

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025