O GDR Terras de Compostela organiza un curso de Aproveitamento de Iniciativas do Rural para Fomentar o Turismo

A Rede Estatal de Desenvolvemento Rural REDER vai levar a cabo no marco do programa Leader 2014-2020 do GDR Terras de Compostela, no que está incluído o Concello de Boqueixón, o curso gratuíto ‘Aproveitamento de Iniciativas do Rural para Fomentar o Turismo’. A formación será de carácter presencial e terá lugar na sede do GDR Terras de Compostela (Lugar Cibrán, 4, San Xián de Sales-Vedra).

O curso desenvolverase os días 1, 3, 5 e 10 de outubro en horario de 10.00 a 14.30 horas e os días 2 e 4 de outubro, en horario de 16.00 a 20.30 horas. Terá unha duración de 32 horas e inclúe unha viaxe final de estudos cunha visita a Taramundi (Asturias).

O obxectivo deste curso é mellorar e incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio. Ademais, buscarase capacitar aos participantes nas metodoloxías de traballo de desenvolvemento rural destinadas á revitalización dos municipios rurais, así como relacionar as diferentes iniciativas económicas existentes no territorio do GDR vinculadas ao sector turístico.

As inscricións para este curso deberanse formalizar no propio GDR Terras de Compostela (981 818 357 ou no e-mail info@terrasdecompostela.org). A ficha de inscrición neste curso pódese descargar aquí e o programa completo pódese consultar premendo neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025