Axudas económicas ás familias numerosas galegas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas en Galicia para o ano 2018

NORMATIVA

Orde do 16 de outubro de 2018, polo que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2018 (DOG nº206, 29/10/2018)

OBXECTO

Convocar axudas económicas de pago único ás familias numerosas de Galicia. Teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das estadías e consisten nunha subvención de 35€ por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e nen@s de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.

PERSOAS BENEFICIARIAS

-Familias numerosas residentes en Galicia

 REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

– Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

-Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

 DOCUMENTACIÓN

-Modelo solicitude (Anexo I e II)

-Certificado de convivencia da unidade familiar

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Consellería de Política Social
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Nos servizos sociais comunitarios do Concello de Boqueixón 981 51 31 06

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o  30 de Novembro de 2018

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025