O Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón acollerá este domingo a actuación da SCR A Pombiña de Narón

O Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón continúa este domingo a súa andaina cunha nova sesión de artes escénicas. A cita será ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado e a entrada, de balde.

Desta volta será a quenda de Teatro de SCR A Pombiña de Narón, que porán en escena a súa obra Reinserción. Trátase dunha peza cómica que relata a historia dunha muller de 60 anos que comeza a traballar nunha clínica psicolóxica como muller da limpeza. A partires daí, danse unha serie de situacións que

Dende o Concello animan a toda a veciñanza a asistir a esta sesión e ás vindeiras. Desenvolveranse todos os domingos de novembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. As próximas citas serán as seguintes:

  • 18 de novembro: Grupo municipal de teatro de Ribeira, que representará Cousas de Castelao.
  • 25 de novembro: Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra, que ofrecerá a súa obra Contos de zapatilla.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025