A Súa Maxestade o Rei don Felipe VI visitará este mércores o Pazo de Quián, en Boqueixón, co gallo da celebración estatal do Día Internacional dos Bosques

O Pazo de Quián, sito na parroquia boqueixanesa de Sergude, acollerá este mércores 20 de marzo a celebración do Día Internacional dos Bosques. Unha cita á que asistirá a Súa Maxestade o Rei don Felipe VI e na que estará acompañado por unha comitiva do Goberno nacional, rexional e local, co alcalde, Manuel Fernández Munín, á fronte.

Dende o Concello de Boqueixón convidan á veciñanza a achegarse ata o recinto do Pazo de Quián para presenciar esta visita. Por motivos de organización e seguridade, as persoas interesadas en acudir, deberán deixar os seus vehículos no campo da festa de Sergude para despois trasladaránse ata as instalacións. Alí haberá unha zona específica habilitada para o público. A hora prevista para a visita é ás 13.00 horas, polo que se recomenda achegarse arredor das 12:30 horas. Unha información que se pode consultar no bando adxunto ou premendo aquí: BandoVisitaSMOReiDonFelipeVI

A Súa Maxestade o Rei don Felipe VI terá a oportunidade de coñecer o Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, lugar no que se desenvolverá a xornada de conmemoración do Día Internacional dos Bosques. Ademais, o Rei de España descubrirá os traballos silvícolas que se están a desenvolver no monte experimental de Quián. A súa visita finalizará cunha breve degustación de produtos típicos galegos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025