A Xunta convoca o Programa de axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 1 de abril  a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan e se convoca para o ano 2019 o Programa de axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. 

REQUISITOS

  • Ter fillas e fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, con idades comprendidas entre 2 e 12 anos.
  • Non convivir con parella afectiva
  • Estar empadronada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de  mulleres estranxeiras ter permiso de residencia e de traballo.
  • Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM  vixente.
  • Non padecer ela ( nin os fillos/fillas menores e ou menores en acollida que a acompañen) enfermidades que requiran illamento e/ou impidan a normal convivencia.

OBXECTO

  • Proporcionarlle ás persoas beneficiarias estadías de tempo libre, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro, incluíndo aloxamento en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, servizo de monitorado e actividades complementarias. Todo elo gratuíto.
  • A súa finalidade  é facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.

PRAZOS

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de maio de 2019.

Para a súa presentación poden contactar co Centro de Información á Muller de Boqueixón, chamando ó teléfono 981 513061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e opcionalmente nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025