Entrega de diplomas á trintena de participantes nos cursos de informática para maiores do Concello de Boqueixón

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a entrega de diplomas dos cursos de informática para maiores organizados polo Concello e impartidos pola docente Loli Eiroa. Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura e contou cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia.

As sesións desenvolvéronse nas instalacións da aula de usos múltiples do Concello de Boqueixón. O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática. Entre os coñecementos adquiridos durante os 3 meses de clases (20 horas lectivas) atopáronse os seguintes contidos:

  1. Compoñentes dun equipo informático
  2. Sistema operativo: escritorio, barra de tarefas, iconas e carpetas
  3. Internet:
  • Diferencia entre navegador e buscador
  • Busca e almacenamento se información con seguridade
  • Correo electrónico
  • Uso na casa: o tempo, as noticias, a web do Concello, cita previa do Sergas, compras on line, etc.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025