‘Rogelio, un pallaso en recuperación’ o domingo 1 en Lestedo

O programa Feiras Activas 2019 trae o vindeiro domingo 1 de setembro a Lestedo o espectáculo ‘Rogelio, un pallaso en recuperación’, da compañía As Sircópatas. Comezará ás 12:30 horas e é apto para todos os públicos.

É un espectáculo de case unha hora de duración que combina o clown con maxia, escapismo e diversas sorpresas nas que o público se implica como unha parte máis da actuación. Dani Blanco, o actor que protagoniza esta actividade, é tamén o responsable da idea orixinal e da súa creación.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025