Mañá, 3 de marzo, xornada de Portas Abertas no CRA Boqueixón-Vedra ‘Neira Vilas’

A escola pública CRA Neira Vilas en Boqueixón-Vedra abrirá mañá entre as 12:00 e as 13:00 horas as súas portas para todas as familias que desexen máis información ou queiran coñecer as instalacións de cara a matricular aos seus nenos de 3 a 8 anos.  O prazo para solicitar praza está aberto dende o día 1 de marzo, e permanecerá activo ata o 20 de marzo.  A solicitude de admisión realizarase no centro elexido como primeira opción, e poden optar a inscribir aos nenos e nenas no centro que máis se adapte as súas expectativas dentro da súa zona de influencia.

Información CRA Neira Vilas

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025