O Concello de Boqueixón convoca o VII Certame de Relatos «Xosé Neira Vilas»

O Departamento de Educación e Cultura de Boqueixón, en colaboración  coa Fundación Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, organiza o VII Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”,  co obxectivo de potenciar a lectura e a creatividade literaria e promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación.

Poden participar todos os rapaces e rapazas de Boqueixón ou de centros educativos do Concello que cursen Primaria -dende 3º curso- ou secundaria. Estableceranse tres categorías en función da idade dos nenos e nenas.

O tema sobre o que teñen que escribir é libre, se ben teñen que ser traballos orixinais, inéditos e de autoría propia, escritos a ordenador, e en galego. A extensión mínima é de 30 liñas para os alumnos e alumnas das 1ª e 2ª categoría, e de 50 liñas para os da 3ª.

A data de presentación dos traballos rematará o día 17 de abril de 2020, podendo entregar os relatos no Concello ou no propio centro educativo.

O xurado do concurso estará composto por un representante da Fundación Neira Vilas, un representante do CPI Antonio Orza Couto e unha persoa do departamento de Educación. O seu fallo, de carácter inapelable,  farase público, a través da web municipal e comunicando persoalmente a cada un dos/as galardoados/as.

Por cada categoría estableceranse os seguintes premios:

1º premio: diploma + vale 125 € en material escolar+ libro editado

2º premio: diploma + vale 100 € en material escolar+ libro editado

3º premio: diploma + vale 75 € en material escolar+ libro editado

A entrega de premios terá lugar no CPI do Forte dentro da programación da semana das Letras Galegas.

O concello reservase todos os dereitos para o  emprego, reprodución e difusión dos relatos participantes. Realizarase unha edición compilatoria no que se recollerán os textos galardoados en cada categoría.

DÍPTICO CERTAME

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025