O Concello de Boqueixón crea unha comisión de seguemento da evolución do COVID-19

O Concello de Boqueixón crea unha comisión de seguemento da evolución do COVID-19 coa finalidade de analizar e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias, formada polas seguintes persoas: alcalde, concelleiro de facenda, secretario-interventor e presidente de Protección Civil. Ademais ordea que todo o persoal municipal que poida desenvolver as súas funcións a distancia, prestarán o servizo dende o sea domicilio, e que todo o persoal que realice funcións que non poidan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial deben suspender as súas actividades temporalmente. E nos casos excepcionais deben establecerse quendas de traballo.

Tamén se suspende a atención ao público de xeito presencial, debendo limitarse á atención telefónica (981 513 061) e a través dos seguintes correos electrónicos:

correo@boqueixon.es
concello@boqueixon.gal

Consulta toda a información sobre o COVID-19 nos seguintes documentos:

Decreto_coronavirus.doc

Medidas Preventivas en saúde pública en Galicia

Real decreto-ley

Aquí podes consultas as medidas de Emprego de Galicia para minimizar o impacto do COVID-19, neste enlace podes consultar toda a información sobre o virus que facilita a Consellería de Sanidade, e aquí a información do Ministerio de Sanidade.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025