Aprazada ata o vindeiro martes 18 de agosto a segunda sesión do ‘Congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS’ por mor da meteoroloxía

O Concello de Boqueixón informa de que a segunda sesión do ‘Congreso Público A ASTRONOMÍA NAS RUTAS XACOBEAS’ prevista para esta noite queda aprazada ata o vindeiro martes 18 de agosto. O motivo deste cambio é a previsión de nubes para a xornada na que se ía realizar esta actividade, xa que non se podería realizar a observación nestas condicións.

Así, a vindeira cita será o martes 18 de agosto ás 21.00 horas no Pico Sacro. Desculpen as molestias.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025