Xornada demostrativa de ‘Mecanización na horta’ o 10 de setembro na CFEA Sergude

O Centro de Formación de Experimentación Agraria (CFEA) de Sergude acollerá o vindeiro 10 de stembro unha xornada demostrativa de Mecanización na horta. Esta actividade está organizada polo propio centro, a OAC Carballo e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O programa da xornada é o seguinte:

  • 10.00 horas. Presentación e charla técnica dos equipos que se mostrarán en campo
  • 11.45-14.00 horas. Demostración en campo de maquinaria (preparación do solo, sementeira/trasplante, e mantemento e conservación)
  • 16.00-18.00. Repetición de ensaios ao persoal asistente que así o demande

As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo a través do e-mail mecanizacionhorticola@gmail.com.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025