O Concello de Boqueixón finaliza unha nova edición do seu programa de voluntariado xuvenil

O Concello de Boqueixón vén de finalizar unha nova edición do seu programa de voluntariado xuvenil. Foron un total de 10 os mozos e mozas que participaron nesta iniciativa que comprendeu tanto formación como propostas lúdicas.

Entre os labores a desenvolver durante os meses estivais atopáronse as de información á peregrinos e as de atención sociocomunitaria. Neste último caso, centráronse principalmente en tarefas de apoio ao monitorado deste programa. Unha experiencia que lles serviu para descubrir o traballo dos e das profesionais deste sector.

VoluntariadoBoqueixon02

Como broche a varios meses de actividade ofrecéronse no mes de setembro tanto unha xornada de convivencia como unha formativa e de intercambio de experiencias coas persoas voluntarias do municipio de Vedra. Ambos os dous Concellos traballan conxuntamente no Programa de Voluntariado Xuvenil Val do Ulla. A primeira comprendeu unha actividade de orientación e descuberta na contorna da Área Recreativa de Agronovo e unha escalada na Ponte Ulla.

Como complemento a esta proposta de lecer, ofreceuse unha xornada formativa na que se falou sobre a Evolución e perspectivas do voluntariado ullán. A xornada, desenvolvida na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), serviu para intercambiar experiencias entre toda a mocidade voluntaria de ambos os dous concellos.

A cita contou coa presenza do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. O rexedor gabou o labor realizado pola mocidade do municipio ao tempo que puxo en valor a importancia de contar con este tipo de iniciativas tan importantes para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas participantes.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025