Abren as inscricións para o programa de conciliación ‘Entroido Activo’

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición, entre os días 5 e 10 de febreiro, para o Entroido Activo. Trátase dun programa lúdico-educativo que busca facilitar a conciliación durante os días non lectivos coincidentes co Entroido.

O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. Adoptaranse todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención contra a expansión da Covid-19.

As propostas de lecer desenvolveranse os vindeiros 15 e 17 de febreiro en horario de mañá. A entrada establécese entre as 09.00 e 10.00 horas, e a saída, entre as 13.30 e 14.00 horas. Ofértanse un total de 16 prazas, dirixidas a alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón con necesidade real de conciliación.

As inscricións adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O custo das actividades incluídas neste programa de conciliación familiar e laboral é de 10 euros.

As persoas interesadas deberán remitir a ficha de solicitude (dispoñible no arquivo anexo) e demais documentación por unha das seguintes vías: telemática (a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón -preferente-) ou presencial, a través do rexistro municipal (sempre mediante a solicitude de cita previa). A documentación que se deberá achegar xunto coa ficha de inscrición está especificada nas propias bases deste programa (que se poden consultar premendo aquí ou no arquivo anexo).

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025