A Deputación da Coruña abre o prazo para incluír espectáculos na Rede Cultural

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar o anuncio polo cal se abre o prazo para incluír espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña. As propostas deberanse presentar entre mañá 12 de febreiro e o 26 de febreiro ás 14.00 horas.

Segundo se especifica no propio anuncio, establécense catro programas de difusión cultural.

  • ESCENA AO VIVO! Categoría profesional: Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos
  • VISIÓNS. Categoría profesional:  Programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos
  • ALICERCE. Categoría non profesional: Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos
  • LINGUA A ESCENA! Categoría profesional. Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con
    contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos

As bases completas pódense consultar no arquivo anexo ou premendo nesta ligazón.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025