Corte de auga o 16 de abril dende as 22.30 horas na rede municipal de Boqueixón por tarefas de mantemento no depósito do Pico Sacro

O Concello de Boqueixón informa de que o vindeiro 16 de abril se producirá un corte na subministración de auga que afectará a toda a rede municipal. O devandito corte producirase a partires das 22.30 horas ata a finalización das tarefas de mantemento do Depósito do Pico Scro.

Habida conta desta situación, prégase á veciñanza que a partires das 22.30 horas do 16 de abril se limite o consumo de auga para poder restablecer a subministración á maior brevidade posible. A hora de restablecemento pode variar polas posteriores tarefas de enchido e purgado da redes.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025