O Concello de Boqueixón publica as bases do servizo de Campamentos de Verán 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de preinscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita preinscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, a omix@boqueixon.gal.
Bases do servizo Campamentos de Verán
A situación de crise sanitaria xerada pola COVID-19, fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deberán ter en conta medidas de prevención e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.
- Obxecto
Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Boqueixón oferta as prazas para os Campamentos de Verán 2021.
- Datas
Do 23 ao 30 de xuño
- Lugar de realización
Os campamentos levaranse a cabo nunha zona de praia a determinar.
- Destinatarios/as e número de prazas e destinatarios/as
- Primaria 25 prazas nados/as: 2009, 2010, 2011 e 2012
- Secundaria 25 prazas
- Criterios de admisión por orde de prioridades
1º Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).
2º Escolarizados/as nun centro educativo do concello.
3º Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.
4º Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.
5º Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
- Preinscrición
Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando a ficha de solicitude por correo electrónico omix@boqueixon.gal. De ser o caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade, o Concello solicitará a documentación necesaria.
No caso excepcional de ter que realizarse a preinscrición de forma presencial, farase mediante Rexistro Xeral
Código de solicitude: unha vez recibida a preinscrición o departamento de Xuventude enviaralle o seu código de solicitude, a través do cal poderá comprobar a situación da persoa inscrita.
Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos.
- Procedemento de confirmación de prazas
- Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días hábiles para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase unha vez rematado o prazo de alegacións.
- Adxudicación de prazas.
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Se o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público no que se seguirán as premisas de prioridade expostas nestas bases.
O sorteo terá lugar o día 31 de maio ás 21:00 h no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 1 de xuño.
As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista.
- Matrícula
Ábrese un prazo de matrícula do 4 ao 13 de xuño.
Documentación a presentar:
- Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
- Resgardo de pago
- Se solicita bonificación declaración da renda do 2020
Presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
- Prezo
195 €
- Criterio de bonificacións
Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.
| Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. | 100% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. | 100% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.
| 60% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.
| 40% |
| Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM.
| 20% |
| Condición de familia numerosa xeral.
| 30% |
| Condición de familia numerosa especial.
| 40% |
- Pago
O importe correspondente será ingresado na conta do concello especificando en concepto, o nome, apelidos e Campamento de Verán.
Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666
- Renuncia á praza e devolución da taxa
No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.
As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.
- Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico omix@boqueixon.gal
Adxuntos
- BasesServizoCampamentosDeVeran2021 (85 kB)
- FichaCampamentosDeVeran2021 (172 kB)