Oferta de emprego de operario/a palista en xornada completa

O Concello de Boqueixón vén de recibir unha oferta de traballo de Eurofirms ETT para operario/a palista na zona de Santiago de Compostela.  Os detalles da oferta (que tamén se poden ver no arquivo anexo) son os seguintes:

Horario: Mañá/Tarde.

Xornada completa de 40 horas semanais cos descansos establecidos por lei.

Descrición:

  • Selecciónase un Operario palista (H/M) para empresa do sector industrial ubicada nos arredores de Santiago. A persoa ten que ter experiencia demostrable traballando coas pas retroexcavadoras (non vale que a usara nalgunhas ocasións) e dispoñer do certificado para manexala,
  • Trátase de Xornada completa e un posto estable.

Funcións:

-Condutor/a maquinaria pesada.
– Manexo de pa cargadora para carga/descarga de camións.
– Movimento de mercancía entre as naves de produción.
– Outras tarefas propias do posto de traballo.

Requisitos:

– Experiencia mínima dun ano manexando pa cargadora ou carretilla elevadora.
– Buscamos unha persoa dinámica, resolutiva e con boa actitude polo traballo.
– Valorable residencia cercana ó posto de traballo.

Formación: ESO finalizada.

Idiomas: Castelán falado e escrito correctamente.

As persoas interesadas poden inscribirse directamente na oferta a través da páxina web www.eurofirms.es ou enviar seu CV a santiago@eurofirms.com

 

O enlace á oferta na  web: https://secure.eurofirms.es/jobs/oferta/santiago-de-compostela/operario-palista/170-002227

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025