O Concello de Boqueixón convoca axudas a entidades sen ánimo de lucro no municipio para 2021

O Concello de Boqueixón convoca subvencións a entidades sen ánimo de lucro no municipio para a realización de actividades, investimentos ou gastos correntes que contribúan ao fomento dos intereses do concello. A contía da presente convocatoria ascende a 12.000 euros e podes descargar as bases aquí.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. As solicitudes achegaranse a través da Sede Electrónica do Concello de Boqueixón.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025