Oferta de emprego: operador/a de industria de alimentación na contorna de Santiago

O Concello de Boqueixón informa de que Eurofirms busca operador/a para traballar nunha empresa do sector de alimentación situada na contorna de Santiago de Compostela para realizar as seguintes tarefas:

  • Tarefas de apoio á produción de industria alimentaria.
  • Envasados e etiquetados de produtos finais.
  • Mantemento da orde e limpeza do lugar de traballo.
  • E outras propias do posto.

Requisitos:

  • Experiencia en postos similares.
  • Búscase unha persoa proactiva e dinámica.
  • Valorable residencia próxima ao posto de traballo.

Formación: ESO finalizada.

Salario: A concretar

Horario: Mañá/Tarde. Xornada completa de 8 horas ao día en días soltos en quenda completa e continua, cos descansos establecidos por Lei.

As persoas interesadas terán que remitir o C.V a santiago@eurofirms ou poden inscribirse directamente na oferta neste enlace.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025