A observación astronómica dende o Pico Sacro reúne a unha trintena de persoas

O Pico Sacro acolleu a observación astronómica «A vía láctea e outros motivos xacobeos do Camiño», unha iniciativa gratuíta impartida por integrantes do equipo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller que reuniu a unha trintena de persoas. O tempo acompañou, o que facilitou a observación e as explicacións dos técnicos.

Esta cita astronómica foi organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, dentro do programa «O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño», O teu Xacobeo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025