Convocado o programa de Termalismo da Xunta de Galicia para 2022

O Concello de Boqueixón informa de que a Consellería de Política Social e de Xuventude vén de publicar a ORDE do 26 de setembro de 2022 pola que se regula a oferta de estadías en establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2022 e se realiza a súa convocatoria. (DOG nº 192 do 7/10/2022)  

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
  2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).
  3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Duración e servizos ofertados

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 horas do día de chegada ata as 12:00 horas do día de saída.

O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 1 de novembro e o 17 de decembro do ano 2022.

Prazo presentación de solicitudes

10 días hábiles desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 24 de outubro de 2022.

Lugar de presentación

Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información sobre este programa

As persoas usuarias poden obter máis información sobre este programa no:

Teléfono social: 900 333 666

Teléfono servizos socias do Concello de Boqueixón: 981 513106

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025