O Club de Maiores de Boqueixón volve colgar o «non hai billetes» na apertura do ciclo BocAberta

O Club de Maiores de Boqueixón vólveo facer. Segunda posta de escena na Casa da Cultura de Camporrapado e segundo cheo absoluto da comedia «un morto moi vivo», que abriu este pasado domingo a programación do BocAberta, o ciclo de teatro amador posto en marcha polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña.

Tras colgar o cartel de «non hai billetes» no seu debut o pasado mes de maio e de ir triunfando aló por onde van todas as fins de semana, este segundo pase volveu deixar pequeno o auditorio de Camporrapado, onde o público desfrutou e botou moitas risadas coa obra dos seus conveciños e conveciñas.

E para que as risas continúen, a asociación cultural Charamela (Melide) porá en escena «Adulterio decente», unha divertida comedia de enredo sobre matrimonio e infidelidades baseada nun texto do prestixioso escritor Enrique Jardiel Poncela. A cita é este domingo 13 de novembro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado. Entrada libre e de balde, ata completar aforo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025