A Agrupación Teatral Pedroso (Narón) pecha este domingo o ciclo de teatro BocAberta

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 27 de novembro, ás 17:30 horas, a derradeira sesión do ciclo de teatro «BocAberta», organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña.

A agrupación teatral Pedroso (Narón) será a encargada de pechar a edición de 2022 cunha nova comedia: «Nin o demo entende as mulleres». Como no resto do ciclo, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025