O Club Patinaxe Artística Ágora-Boqueixón celebra a V Gala de Nadal

O Pavillón Municipal de Lestedo acollerá o vindeiro  18 de novembro, ás 12 horas, a V Gala de Nadal “Un Oscar polo Nadal” do Club Patinaxe Artística Ágora-Boqueixón.

Nesta actuación participarán, en diferentes bailes, todas as patinadoras e patinadores do Club e das escolas deportivas de patinaxe de Boqueixón e de Vedra.

Un Oscar polo Nadal conduciranos nesta ocasión á alfombra vermella pola que pasarán os candidatos a recibir o Óscar á mellor banda sonora, ao mellor actor, ao mellor filme e á mellor actriz, polo que veremos desfilar, entre outras persoas homenaxeadas, a Natalie Portman ou a Al Pacino.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025