Recollida de residuos mediante punto limpo móbil no municipio de Boqueixón

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza de Boqueixón a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Por distintas parroquias do municipio situarase un vehículo que disporá dunha plataforma traseira móbil, con 8 compartimentos para a recollida de: papel e cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados, envases de plástico-latas e briks, lámpadas fluorescentes, envases de vidro, pilas e baterías e roupa e calzado, para o resto, xa hai colectores específicos nas parroquias e outros servizos, como o de recollida de mobles unha vez ao mes.

 

Residuos admisibles:

Residuos NON  admisibles:

·   Aceite doméstico

·  Baterías e acumuladores de Ni-Cd

·    Produtos fotoquímicos (radiografías, CD, DVD…)

·    Cristal

·   Tubos fluorescentes

·   Envases metálicos e plásticos contaminados baleiros (pinturas, vernices…)

·   Tóner e cartuchos de tinta

·  Tecidos (roupa)

·   Pequenos utensilios do fogar (mobles pequenos de madeira)

·     Envases aerosois

·Equipos eléctricos e electrónicos que conteñen compoñentes perigosos (televisores, ordenadores, teléfonos móbiles etc.)

·     Pequeno aparello eléctrico e electrónico (microondas, lámpadas, batedoras etc.)

·    Cascallos

·     Madeira

·    Pneumáticos

·   Poliespán

·    Restos de poda

 LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Acceder ás localizacións previstas do Punto limpio móbil:

CALENDARIO PUNTO LIMPO MÓBIL – CONCELLO DE BOQUEIXÓN

DATA (de…a…) PARROQUIA LUGAR
07-nov 20-nov LESTEDO Campo da Festa
21-nov 27-nov A GRANXA Campo da Festa
28-nov 11-dec SERDUDE Campo da Festa de San Bieito
12-dec 18-dec LAMAS Campo da Festa
19-dec 25-dec VIGO Campo da Festa
26-dec 01-xan LOUREDA Campo da Festa
02-xan 08-xan GASTRAR Campo da Festa
09-xan 15-xan BOQUEIXON Campo da Festa
16-xan 22-xan CODESO-DONAS Campo da Festa
23-xan 05-feb OURAL-POUSADA-SUCIRA Casa da Cultura
06-feb 12-feb LEDESMA Campo da Festa (Vila)

Se precisa axuda para depositar cada residuo no colector correspondente, poderá contactar no 981513061 (Concello de Boqueixon).

Esta iniciativa do Concello de Boqueixón, está subvencionada pola Xunta de Galicia cun importe de 53.100 euros, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025